bio

//GAL

Rebeca Lar (Vigo, 1993) é doutora en Belas Artes. Na súa tese de doutoramento estudou as representacións da bruxa na creación audiovisual contemporánea, problemática coa que tamén
traballou no ámbito artístico e literario.

Nas súas obras, centradas na memoria e a linguaxe, o texto funciona como material e concepto. A
súa práctica multidisciplinar trata de revelar, máis ou menos explicitamente, o que se atopa nas
fronteiras. Os seus últimos proxectos recibiron o apoio das becas de creación Injuve e Novos Valores e teñen que ver coas pegadas da memoria histórica en Galicia.

Na súa traxectoria recibiu premios de institucións diversas: Xunta de Galicia, Universidad Loyola
Andalucía, Deputación de Ourense, Universidade de Vigo, etc. Formou parte de exposicións en diferentes cidades españolas, así como en Cuba e Portugal. Entre as mostras colectivas destacan Lo (in)visible (Madrid, 2022), Identidades latentes (Galicia, 2020) ou Alén dos xéneros: prácticas artísticas feministas en Galicia (Vigo y Santiago de Compostela, 2017).

Demostrando o seu interese polos enfoques feministas, recentemente investigou sobre a presenza da perspectiva de xénero na educación secundaria obligatoria. Cos seus proxectos de investigación recibiu recoñecementos pola inclusión da perspectiva de xénero, participou en congresos sobre arte contemporánea, performance ou moda e publicou en revistas especializadas, como Investigaciones Feministas (Universidad Complutense).

Tramas caligráficas e palabras tecidas: o texto é, simultaneamente, material e concepto na miña obra. A orixe latina da palabra texto –’trama’, ‘tecido’– sostén a miña creación artística, que se vale de palabras bordadas, repetidas, definidas, superpostas, riscadas, borradas.

Recuperando o quefacer artístico e activista das pioneiras feministas, pinto bordando e bordo pintando. Bordo con fío, con la, con carbón. Bordo sobre papel e tea con letras dixitais, formo imaxes a partir dunha mestura informática de trama e urda. Creo esculturas brandas con recheos e puntadas bastas, irregulares, desenfadadas. Propoño formas cónicas, siluetas punzantes que, curiosamente, tratan de curar feridas históricas.

O tecer e o fiar, actividades tradicionalmente vinculadas ás mulleres pero tamén ao máxico, sérvenme para achegarme a diferentes conceptos desde o obradoiro, para indagar no meu inventario familiar, para cuestionar estereotipos e para posicionarme.


//ESP

Rebeca Lar (Vigo, 1993) es doctora en Bellas Artes. En su tesis doctoral ha estudiado las
representaciones de la bruja en la creación audiovisual contemporánea, problemática con la que también ha trabajado en el ámbito artístico y literario.

En sus obras, centradas en la memoria y el lenguaje, el texto funciona como material y concepto. Su práctica multidisciplinar trata de revelar, más o menos explícitamente, lo que se encuentra en los márgenes. Sus últimos proyectos han sido apoyados por las becas de creación Injuve y Novos Valores y tienen que ver con las huellas de la memoria histórica en Galicia.

En su trayectoria ha recibido premios de instituciones diversas: Xunta de Galicia, Universidad Loyola Andalucía, Deputación de Ourense, Universidade de Vigo, etc. Ha formado parte de exposiciones en diferentes ciudades españolas, así como en Cuba y Portugal. Entre las muestras colectivas destacan Lo (in)visible (Madrid, 2022), Identidades latentes (Galicia, 2020) o Alén dos xéneros: prácticas artísticas feministas en Galicia (Vigo y Santiago de Compostela, 2017).

Demostrando su interés por los enfoques feministas, recientemente ha investigado sobre la presencia de la perspectiva de género en la educación secundaria obligatoria. Con sus proyectos de investigación ha recibido reconocimientos por la inclusión de la perspectiva de género, ha participado en congresos sobre arte contemporáneo, performance o moda y ha publicado en revistas especializadas, como Investigaciones Feministas (Universidad Complutense).

Tramas caligráficas y palabras tejidas: el texto es, simultáneamente, material y concepto en mi obra. El origen latino de la palabra texto –‘trama’, ‘tejido’- sostiene mi creación artística, que se sirve de palabras bordadas, repetidas, definidas, superpuestas, tachadas, borradas.

Recuperando el quehacer artístico y activista de las pioneras feministas, pinto bordando y bordo pintando. Bordo con hilo, con lana, con carboncillo. Bordo sobre papel y tela con letras digitales, formo imágenes a partir de una mezcla informática de trama y urdimbre. Creo esculturas blandas con rellenos bastos y puntadas toscas, irregulares, desenfadadas. Planteo formas cónicas, siluetas punzantes que, curiosamente, tratan de curar heridas históricas. Formo, como lo hacían las invertebradas de Bourgeois, telas asfixiantes, rebeldes, indisciplinadas.

El tejer y el hilar, actividades tradicionalmente vinculadas con las mujeres pero también con lo mágico y lo mediúmnico, me han servido, como a otras tantas antes que yo, para acercarme a diferentes conceptos desde el taller, para sumergirme e investigar en mi inventario familiar, para cuestionar estereotipos y posicionarme.